Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 10 de maio de 2019

CCOO denuncia actitudes «antisindicais e contrarias a dereito» no Concello de Ourense

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia actitudes «antisindicais e contrarias a dereito» no Concello de Ourense. O sindicato advirte que non vai consentir que se «persiga» os seus delegados de delegadas en empresa ningunha, menos aínda nunha Administración pública.

Casa do Concello de Ourense | Foto: Oscariño (Wikipedia)

Casa do Concello de Ourense | Foto: Oscariño (Wikipedia)

Para CCOO, o «o abrupto traslado forzoso» de posto de traballo do delegado e portavoz da sección sindical, Manuel Pérez Grande, sen que previamente mediase ningún tipo de informe de necesidades ou causa razoable, leva o sindicato a concluír que se trata dunha «decisión punitiva, forzosa e represiva».

Despois de comunicárselle por escrito o traslado, cando o delegado sindical quixo tomar posesión no novo destino, indicáronlle que non lles constaba o traslado nin había necesidade de persoal. Para CCOO, isto é «un exemplo máis do desastre organizativo na xestión dos recursos humanos do Concello».

O delegado de CCOO recibiu unha nova comunicación para incorporarse noutro servizo diferente, onde, «de xeito surrealista», lle aconteceu o mesmo ca no caso anterior, sendo derivado a un terceiro destino, no que xa si tomou posesión. Con todo, o seu posto de orixe continúa sen cubrir, malia a necesidade de persoal que expresou a xefa de servizo.

Os servizos xurídicos de CCOO xa están a estudar o caso para presentar unha demanda por persecución sindical, sen descartar a adopción doutro tipo de medidas de presión para lograr a restitución do delegado de Comisións Obreiras no seu posto de traballo de orixe.

CCOO denuncia actitudes «antisindicais e contrarias a dereito» no Concello de Ourense

venres 10 de maio de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade