Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 13 de maio de 2019

CCOO-Ensino gaña as eleccións na USC e comparte o primeiro lugar no sistema universitario galego

  • As candidaturas de Comisións Obreiras melloraron resultados en todas as universidades

A pasada semana celebráronse as eleccións sindicais nas tres universidades galegas. As candidaturas presentadas por CCOO-Ensino melloraron resultados e permitíronlle ao sindicato ser o único que aumentou a súa presenza. Comisións gañou na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e obtivo bos resultados nas da Coruña (UDC) e Vigo (UVigo). Isto permítelle a CCOO colocarse, con 58 delegados e delegadas, como primeiro sindicato do sistema universitario galego, posición compartida coa CIG.

CCOO-Ensino sitúase como primeiro sindicato da universidade galega

CCOO-Ensino sitúase como primeiro sindicato da universidade galega

Na USC, a vitoria de CCOO-Ensino foi contundente, xa que dobrou representación entre o persoal de administración e servizos funcionario (PAS-F) e foi tamén o sindicato máis votado polo persoal docente e investigador funcionario (PDI-F). En total, obtivo 34 delegadas e delegados, cinco máis ca o seguinte sindicato e quince máis ca o terceiro. Os resultados tamén lle outorgan a CCOO a maioría absoluta no comité intercentros, con sete representantes de trece posibles.

Na UDC, CCOO-Ensino sumou catro delegados e delegadas máis á súa representación, aumentando distancia coa UGT e reducindo diferenzas coa CIG e coa CSI-F (tres e catro, respectivamente). Ademais, converteuse na organización sindical de referencia para o PAS-F.

Xa no caso da UVigo, CCOO gañou un representante máis, polo que tamén nesta universidade se melloran os resultados respecto a hai catro anos.

CCOO-Ensino gaña as eleccións na USC e comparte o primeiro lugar no sistema universitario galego

luns 13 de maio de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Eleccións Sindicais - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade