Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 7 de xuño de 2019

Xa somos máis de 45.000 afiliados e afiliadas a CCOO en Galicia

O crecemento afiliativo de CCOO mantense constante nos últimos trimestres e, a día de hoxe, xa somos máis de 45.000 as persoas afiliadas a CCOO de Galicia. O aumento da afiliación permite que o noso sindicato sexa cada vez máis forte.

Xa somos máis de 45.000 afiliados e afiliadas

Xa somos máis de 45.000 afiliados e afiliadas

Aproveitando que aínda está aberta a campaña de declaración da renda do exercicio 2018, lembramos que a cota sindical é un gasto deducible, tal como marca a lei do IRPF. Isto pode supor, segundo os casos, un notable aforro na cota.

En cumprimento da Lei de protección de datos (LOPD), o importe da cota non aparece por defecto no borrador que che remite a Axencia Tributaria, senón que se debe indicar manualmente no espazo reservado a «cotas satisfeitas a sindicatos» (casa 014 do modelo oficial do IRPF). Os xustificantes son os recibos bancarios ou de nómina en que se recolle a cota satisfeita.

Xa somos máis de 45.000 afiliados e afiliadas a CCOO en Galicia

venres 7 de xuño de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Afíliate a CCOO!

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas