Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 7 de xuño de 2019

CCOO denunciará o Concello de Ourense perante a Inspección de Traballo por negarlle información de carácter laboral

  • O sindicato afirma que o Goberno de Jesús Vázquez Abad non deu resposta a ningún dos máis de oitenta escritos de CCOO solicitando información

Comisións Obreiras (CCOO) denunciará o Concello de Ourense perante a Inspección de Traballo por negarlle información de carácter laboral, dereito recollido na lexislación vixente. Segundo o sindicato, o Goberno de Jesús Vázquez Abad non respondeu a ningunha das máis de oitenta peticións que formulou por escrito a organización.

Casa do Concello de Ourense | Foto: Oscariño (Wikipedia)

Casa do Concello de Ourense | Foto: Oscariño (Wikipedia)

Esta actitude «obstrucionista» súmase á «persecución» contra os representantes de CCOO desde as últimas eleccións sindicais, que xa provocou o traslado forzoso e sen xustificación dun delegado de CCOO e atrancos á hora da concesión de permisos e licenzas para outros.

Precisamente, os servizos xurídicos de CCOO están a traballar na posible presentación da correspondente denuncia xudicial polo «abrupto traslado forzoso» e sen motivación do delegado Manuel Pérez.

CCOO denunciará o Concello de Ourense perante a Inspección de Traballo por negarlle información de carácter laboral

venres 7 de xuño de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade