Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 7 de xuño de 2019

O sector naval de CCOO aposta pola renovación da frota pesqueira galega

Delegados de CCOO dos estaleiros da ría de Vigo reuníronse hoxe para analizar a situación do sector. Os representantes sindicais en Vulcano, Metalships, Barreras, Nodosa, Armón e Freire, coincidiron na necesidade de apostar pola renovación da frota pesqueira galega, pois a idade media dos barcos é de trinta anos.

CCOO aposta pola renovación da frota pesqueira galega | Foto: detmold (Pixabay)

CCOO aposta pola renovación da frota pesqueira galega | Foto: detmold (Pixabay)

A xuntanza do sector naval de CCOO nas instalacións de Vulcano, no barrio vigués de Teis, é unha mostra de apoio ante o complicado escenario ao que se verá abocado o persoal tras a entrega do ferri Villa del Terol. Os delegados sindicais instan a Administración a se involucrar no «tensionamento do sector» para garantir que, tras a «inminente liquidación», continúe a actividade produtiva e se manteñan os postos de traballo.

Para CCOO, cómpre dignificar o sector naval para que volva ser un polo de atracción do emprego. Nese sentido, cómpre que a empresa principal retome actividades, aumentando a contratación directa por parte dos estaleiros e impulsando o cumprimento dos convenios colectivos.

A subcontratación a baixo prezo de diversas tarefas está a provocar continuos atrasos, desaxustes e incremento de custos, afirma o sindicato, que tamén ve necesario reforzar a formación no sector, en especial en prevención, así como no referente á innovación, para afrontar con garantías de futuro o paso á industria 4.0.

Renovación da frota pesqueira

Canto á renovación da frota pesqueira, albíscase como un importante nicho de mercado. A idade media dos barcos pesqueiros supera os trinta anos, polo que CCOO apela a Administración a que lle dea un pulo á súa renovación e levará esta cuestión ás mesas do diálogo social. O sector precisa buques máis eficientes, respectuosos co medio e confortables.

O sector naval de CCOO aposta pola renovación da frota pesqueira galega

venres 7 de xuño de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Propostas de CCOO para o diálogo social

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade