Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

sábado 8 de xuño de 2019

CCOO gaña as eleccións sindicais en Coregal

  • No proceso electoral particiou case o 90 % do persoal

A Federación de Construción e Servizos de CCOO gañou por maioría absoluta as eleccións sindicais en Coregal, empresa de xestión de residuos pertencente ao grupo Cogami. Nun proceso en que participou case o 90 % do persoal, a candidatura presentada por Comisións obtivo o 68,53 % dos votos e logrou seis delegados de nove posibles.

Instalacións de Coregal en Santiago de Compostela | Foto: coregal.es

Instalacións de Coregal en Santiago de Compostela | Foto: coregal.es

CCOO aplaude estes resultados e dálles os parabéns aos seus delegados no comité de empresa polo traballo desempeñado nos últimos anos, ratificado nas urnas polos seus compañeiros e compañeiras.

Rematado o proceso electoral, o comité e a propia Federación de Construcción e Servizos de CCOO de Galicia «continuaremos o traballo iniciado hai catro anos, orientado a manter e mellorar as condicións laborais do cadro de persoal, amais de ser parte construtiva no progresivo crecemento de Coregal como referente no modelo de xestión ambiental integral».

CCOO gaña as eleccións sindicais en Coregal

sábado 8 de xuño de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Eleccións Sindicais - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade