Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

martes 2 de xullo de 2019

CCOO inicia o mércores en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas

  • O mércores 3 de xullo, de 12 a 13 horas, concentración diante de MC Mutual

A Federación de Industria de CCOO inicia en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas. O sindicato vai desenvolver nas próximas datas, coa visualización de todas as eivas detectadas, unha serie de mobilizacións. O primeiro paso será o mércores, 3 de xullo, coa concentración que terá lugar entre as 12 e as 13 horas diante de MC Mutual (avenida da Paz n.º 33, Ferrol).

CCOO inicia o mércores en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas

CCOO inicia o mércores en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas

Comisións Obreiras denuncia como xestionan as mutuas as súas competencias sobre a saúde no ámbito laboral. O baixo recoñecemento de enfermidades profesionais e as dificultades coas que topan as persoas traballadoras para que se lles recoñezan axeitadamente os accidentes de traballo, especialmente in itinere (os rexistrados entre a saída da casa e o centro de traballo e viceversa).

Segundo o sindicato, isto está a ocasionar graves problemas sociais, pois considerar continxencia común o que na realidade é unha enfermidade ou accidente profesional, prexudica tanto a persoa traballadora como o sistema público.

No primeiro caso, porque as prestacións que se perciben, sexan por baixa médica ou xubilación anticipada por enfermidade, poden ser menores debido á incorrecta categorización da doenza ou sinistro. No segundo, prodúcese unha fraude á seguridade social, obrigando o sistema público a asumir un gasto que lles correspondería ás mutuas.

Outro problema é a distorsión das estatísticas, pois esta infradeclaración dificulta o control e seguimento de onde se están a producir as enfermidades e accidentes de traballo, complicando o labor de prevención. Algo que non existe, non se pode corrixir.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia e a Secretaría de Saúde Laboral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia detectaron xa moitos casos de mal funcionamento das mutuas: xestión indebida de altas médicas; aceleración dos procesos de alta; presión nos casos de continxencias comúns; xestión irregular en riscos para o embarazo; sinalar unha inadecuada relación entre os problemas de saúde con doenzas dexenerativas ou pola deterioración das capacidades en función da idade.

CCOO aposta por un maior control público sobre as mutuas, xa que son entidades colaboradoras coa seguridade social que, en teoría, carecen de ánimo de lucro e deben velar pola protección da saúde da clase traballadora.

CCOO inicia o mércores en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas

martes 2 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade