Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

xoves 4 de xullo de 2019

CCOO lémbralle a Feijóo que a suba salarial para o persoal da Administración autonómica «non é grazas a el»

  • O incremento salarial anunciado onte polo presidente da Xunta é froito do II Acordo para a Mellora do Emprego Público, asinado en marzo de 2018 por CCOO e UGT co Goberno central

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO lémbralle a Feijóo que a suba salarial que anunciou onte para o persoal da Administración autonómica «non é grazas a el», como podería parecer polo contexto e a maneira en que o presidente da Xunta informou sobre esta cuestión. O incremento estaba xa previsto desde marzo do 2018, cando CCOO e UGT asinaron co Goberno central o II Acordo para a Mellora do Emprego Público.

CCOO esixe a recuperación de todos os dereitos arrebatados

CCOO esixe a recuperación de todos os dereitos arrebatados

Ese pacto, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) n.º 74, do 26 de marzo de 2018, sinala que para o ano 2019 o incremento salarial fixo será do 2,25 %. Ademais, se o PIB medrase nunha porcentaxe igual ou superior ao 2,5 %, o aumento sería dun 0,25 % adicional, facendo un total de 2,5 %. Polo tanto, «o que onte anunciou o presidente da Xunta é o mesmo que xa viña avanzado no BOE de hai un ano», sinalan desde o sector da Administración autonómica de CCOO.

Facer unha interpretación diferente dos termos da suba salarial «non estaba da man de Feijóo, porque é unha obriga asumida desde o Goberno do Estado, logo do acordo cos sindicatos». Con todo, «o que si está da man do presidente é abrir a negociación noutras materias», como están a facer outras comunidades autónomas —tamén as gobernadas polo PP—, utilizando este acordo como punto de partida.

Entre outras, CCOO reivindica a recuperación de todos os dereitos arrebatados desde o ano 2012, como a compensación por traballo en festivos e domingos, as axudas do fondo de acción social ou os nove días de asuntos propios. A maiores, o sindicato propón implantar a xornada laboral de 35 horas, o horario de verán para o persoal en quendas, así como un acordo de recuperación do poder adquisivo perdido no período 2012-2017.

Por último, CCOO considera que o presidente da Xunta non debería facer «electoralismo» cos acordos asinados noutros ámbitos, «e menos mentres non lle restitúa todos os dereitos arrebatados ao persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia», conclúe o sindicato.

CCOO lémbralle a Feijóo que a suba salarial para o persoal da Administración autonómica «non é grazas a el»

xoves 4 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros