Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

xoves 11 de xullo de 2019

CCOO propón un plan de choque para atallar a «precariedade galopante» que padecen as mulleres e a mocidade

  • Un estudo do sindicato revela que a rotación laboral está en máximos: cada persoa asalariada temporal asinou de media 4,29 contratos no 2018, o cociente máis elevado da última década

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia presentou este xoves un estudo que analiza a precariedade laboral no mercado de traballo galego. O sindicato instou a Xunta a «non se resignar» e dar por bos os datos que revelan un aumento do emprego, pero á custa da súa degradación. «Así é imposible crear un proxecto de vida e de traballo neste país», sinalou a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza. Entre outras medidas, o sindicato propón un plan de choque para atallar a «precariedade galopante» das mulleres e mocidade, que son os colectivos con maior presenza no emprego a tempo parcial e temporal e sofren maiores taxas de paro.

De esquerda a dereita, Maica Bouza, secretaria de Emprego, e Silvia Parga, economista de CCOO

De esquerda a dereita, Maica Bouza, secretaria de Emprego, e Silvia Parga, economista de CCOO

Na presentación do estudo, Bouza estivo acompañada por Silvia Parga, economista de CCOO, quen salientou que no primeiro trimestre de 2019 había 1 080 200 persoas ocupadas. Desas, o 14,8 % traballan a xornada parcial, «a porcentaxe máis alta desde que comezou a recuperarse o emprego, despois da de 2015».

Segundo a economista, a xornada parcial é involuntaria na maioría dos casos: o 56 % das persoas aceptárona porque non atoparon un traballo a xornada completa; só o 8 % afirma non querer un traballo a xornada completa.

Horas extras non remuneradas

Parga tamén alertou do alto número de horas extraordinarias non remuneradas. No primeiro trimestre de 2019 traballáronse 409 000 horas extraordinarias e o 53 % non se pagaron. CCOO calcula que esta cifra podería equivaler a uns 5400 postos de traballo de 40 horas semanais. «O perfil de traballador que fai horas extras é un home de entre 35 e 44 anos que traballa no sector dos servizos», explicou a economista.

A precariedade non é unha opción

A secretaria de Emprego de CCOO salientou que, para este sindicato, «a precariedade laboral non é unha opción», pois o emprego precario non xera dereitos de protección social, dificulta o acceso á protección por desemprego, ás pensións por xubilación e tampouco contribúe aos ingresos do sistema de pensións.

Entre as medidas que CCOO propón para reducir a precariedade, destacan a aprobación dunha lei de emprego de Galicia; a reforma e mellora do Servizo Público de Emprego de Galicia; limitar e reordenar as bonificacións á contratación para que sexan eficaces e non contribúan a aumentar a precariedade; facilitar a inserción laboral da mocidade por medio da formación profesional para o emprego, poñendo en valor a rede de centros públicos de FP de titularidade autonómica; e o xa referido plan de choque para a mocidade e as mulleres.


 

CCOO propón un plan de choque para atallar a «precariedade galopante» que padecen as mulleres e a mocidade

xoves 11 de xullo de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Caderno do Sindicato Nacional n.º 33: «A precariedade non é unha opción» [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros