Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

martes 16 de xullo de 2019

CCOO alerta de deficiencias na UCI coronaria do Hospital de Ourense

A sección sindical de CCOO-Sanidade da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco denunciou perante a Inspección de Traballo a situación da unidade de coidados intensivos coronarios do hospital ourensán (CHUO). Segundo o sindicato, o estado da dita unidade é un risco tanto para doentes como traballadoras e traballadores.

Na imaxe, un dos buratos | Foto: sección sindical de CCOO no CHUO

Na imaxe, un dos buratos | Foto: sección sindical de CCOO no CHUO

O escrito remitido á autoridade laboral sinala que o chan da dita UCI ten numerosos buracos «desde hai moitos meses». Alén do perigo para a integridade física, tamén implica outros riscos para a saúde, como a maior posibilidade de aparición dalgún foco infeccioso.
 
Previamente a acudir á Inspecicón, os delegados de prevención de riscos xa informaran dúas veces destas eivas no comité de saúde laboral do CHUO, alertando do risco de accidente de traballo. Malia contar con esta información, a Xerencia non ordenou reparar as instalacións.

CCOO alerta de deficiencias na UCI coronaria do Hospital de Ourense

martes 16 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade