Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

martes 16 de xullo de 2019

O desinterese e falta de apoio institucional impedirán que o antigo hospital Cíes sexa un centro de maiores público

  • CCOO critica a actitude da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo

O desinterese e falta de apoio por parte da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo impedirán que o antigo hospital Cíes sexa un centro de maiores público sindicato. Para protestar contra esta situación, o sindicato comarcal da Federación e Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo convocou este martes unha concentración, na que aproveitou para explicar os alicerces do proxecto e da importancia que tería para a comarca viguesa.

Un momento da concentración de hoxe

Un momento da concentración de hoxe

Actualmente, na área de Vigo hai maís de 88.000 maiores de 65 anos e 604 prazas públicas para a súa atención, isto é, 145 persoas por praza. O proxecto de converter o antigo hospital nunha residencia podería permitir habilitar 98 novas prazas.

A Tesouraría da Seguridade Social chegou a un acordo con Ibermutuamur para que esta sociedade se faga co uso das instalacións para un uso particular, un paso máis na «política de cesión de espazos públicos a mans privadas».

CCOO lamenta a inacción da Xunta de Galicia, como Administración con competencias na materia, así como do Concello de Vigo, que incluso descartou levar ao Pleno unha proposta de declaración institucional de apoio ao proxecto.

 

O desinterese e falta de apoio institucional impedirán que o antigo hospital Cíes sexa un centro de maiores público

martes 16 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade