Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

martes 27 de agosto de 2019

A Xustiza condena a Proxecto Home Galicia por prácticas antisindicais contra CCOO

  • A sentenza, contra a que cabe recurso perante o Supremo, estipula unha indemnización de 15.000 euros para CCOO por «danos morais» probados debido á «gravidade da conduta antisindical»

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condena a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia por prácticas antisindicais contra Comisións Obreiras e a súa representación nesta entidade. CCOO denunciou no último ano numerosas irregularidades de carácter laboral na empresa, cuxa dirección respondeu con falsidades sobre o sindicato e represalias contra os seus delegados e delegadas.

A sentenza do TSXG obriga a fundación a indemnizar con 15.000 euros a CCOO

A sentenza do TSXG obriga a fundación a indemnizar con 15.000 euros a CCOO

A Inspección de Traballo xa concluíra en novembro de 2018 que as denuncias de CCOO eran verídicas e que Proxecto Home estaba a incumprir a legalidade laboral, polo que se lle comunicou o inicio dun expediente sancionador.

Segundo a Federación de Servizos de CCOO, a sentenza é «durísima, demoledora», pois conclúe que Proxecto Home Galicia vulnerou dereitos fundamentais ao incorrer en prácticas antisindicais. Precisamente, debido á «gravidade da conduta antisindical» probada, o TSXG obriga a fundación a indemnizar a este sindicato con 15.000 euros en concepto de «danos morais».

Esta elevada indemnización súmase ás importantes cantidades que Proxecto Home Galicia tivo que pagar en concepto de sancións impostas pola Inspección de Traballo e as indemnizacións a traballadoras despedidas de forma improcedente.

A sentenza do TSXG ratifica todas as irregularidades destapadas por CCOO nos últimos dous anos, ás que a empresa respondeu con «mentiras» que agora quedan «desmontadas na presente resolución xudicial», que as considera «feitos probados».

A Xustiza condena a Proxecto Home Galicia por prácticas antisindicais contra CCOO

martes 27 de agosto de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros