Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

xoves 29 de agosto de 2019

CCOO lamenta que a economía galega se está ralentizando e, con ela, o emprego

  • O PIB nominal aumentou só un 0,3 % respecto do último trimestre e segue unha tendencia decrecente no último ano; ao tempo, as exportacións continúan afundíndose

A contabilidade trimestral que acaba de publicar o Instituto Galego de Estatística (IGE) revela que a economía galega se está a ralentizar e, con ela, o emprego. O produto interior bruto a prezos de mercado (PIB nominal) aumentou só un 0,3 % respecto do anterior trimestre, e segue unha tendencia decrecente desde comezos do 2018, cando aumentou un 0,7. Para CCOO, é especialmente preocupante o dato referente ás exportacións, que diminuíron o 1,6 % no último trimestre e, peor aínda, o 8,6 % con relación a hai un ano.

O crecemento do PIB leva diminuíndo desde comezos do 2018 | Fonte: IGE

O crecemento do PIB leva diminuíndo desde comezos do 2018 | Fonte: IGE

Esta estatística tamén revela que Galicia segue moi lonxe do obxectivo marcado pola Comisión Europea para que a industria represente no ano 2020 o 20 % do PIB. No caso galego, a contabilidade trimestral indica que o peso dos sectores industriais no produto interior bruto é só do 16,5 %.

En opinión de Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO, estes datos deben ser unha «chamada de atención» ao Goberno galego, xa que ten competencias e recursos para reverter a situación. Galicia precisa unha diversificación do seu tecido produtivo, fundamentalmente baseado nos servizos (62,8 ) e na construción (6,8 %).

Segundo a secretaria de Emprego de CCOO, cómpre unha «decidida aposta pola industria» e a Xunta de Galicia «ten moita marxe de actuación neste senso». Por esta razón, Bouza insta o presidente galego a «deixarse de lamentos e de procurar escusas, porque está na súa man reverter a situación».

CCOO lamenta que a economía galega se está ralentizando e, con ela, o emprego

xoves 29 de agosto de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros