Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

mércores 11 de setembro de 2019

CCOO denuncia que Euskaltel está a eliminar os poucos postos de traballo en R Cable

  • A Federación de Servizos de CCOO teme que o grupo vasco siga durante os próximos meses coa súa estratexia de redución de emprego en Galicia

Aos despedimentos efectuados en xullo, sumouse en agosto a destrución de 36 postos de traballo nas empresas Universal Support e Teleperformance, que prestaban servizos para R Cable y Telecomunicaciones. A Federación de Servizos de CCOO teme que a perda de emprego decidida polo grupo vasco Euskaltel, dona de R, poida chegar á metade dos case 800 postos de traballo existentes a día de hoxe.

Na fotografía, concentración o pasado mes de agosto

Na fotografía, concentración o pasado mes de agosto

En dúas reunións recentes coa secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, a secretaria xeral da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, Lucía Trenor, trasladoulle a preocupación pola destrución de postos de traballo no sector nos últimos meses.

CCOO vai continuar coas mobilizacións que leva realizando todo o verán para denunciar a deslocalización e destrución de emprego que Euskaltel está levando a cabo en Galicia.

O martes, 10 de setembro, houbo xa unha nova concentración na rúa Real da Coruña, fronte ao edificio de R. Hoxe, mércores, farase unha concentración ás 12 no polígono da Grela, fronte ás instalacións que alí ten a cableira. En dúas semanas haberá novas protestas na Coruña: o martes 24, fronte á sede de R na rúa Real (19:30 horas) e o mércores 25 (12 horas) fronte á delegación da Xunta de Galicia.

CCOO denuncia que Euskaltel está a eliminar os poucos postos de traballo en R Cable

mércores 11 de setembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros