Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

sábado 28 de setembro de 2019

CCOO chama a unha gran mobilización unitaria pola situación de «emerxencia industrial» en Galicia

  • O sindicato empraza a UGT e CIG a manifestarse en Santiago de Compostela para esixir solucións

Comisións Obreiras (CCOO) chama a unha gran mobilización unitaria pola «emerxencia industrial» que atravesa Galicia. A grave situación de empresas relevantes como as centrais térmicas das Pontes e Meirama, as industrias electrointensivas (Alu Iberia LC, Alcoa-San Cibrao, Isowat), o sector naval de Vigo (Barreras e Vulcano) ou a empresa emblemática de telecomunicacións R Cable, requiren solucións de urxencia.

Na fotografía, manifestación na Coruña o pasado mes de abril para defender a industria galega

Na fotografía, manifestación na Coruña o pasado mes de abril para defender a industria galega

Para CCOO, as Administracións, particularmente o Goberno central e a Xunta, «non se poden poñer de perfil», pois teñen «competencias abondas» para dar ou facilitar unha resposta que evite a perda en Galicia de sectores industriais de referencia e xeradores de emprego de calidade.

O sindicato empraza a UGT e CIG, organizacións coas que xa iniciou contactos, a promover unha manifestación en Santiago de Compostela para esixir solucións.

CCOO chama a unha gran mobilización unitaria pola situación de «emerxencia industrial» en Galicia

sábado 28 de setembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros