Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

mércores 2 de outubro de 2019

CCOO e UGT instan o Parlamento a aprobar unha declaración institucional en defensa do sistema público de pensións

  • Ambos os dous sindicatos reuníronse hoxe con todos os grupos parlamentarios para lles presentar as súas propostas en materia de pensións e esixir a revalorización das prestacións conforme ao IPC

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT) instan o Parlamento galego a aprobar unha declaración institucional en defensa do sistema público de pensións. Delegacións de ambos os dous sindicatos reuníronse hoxe con todos os grupos parlamentarios, que acolleron positivamente esta petición.

Os grupos parlamentarios acolleron positivamente as peticións de CCOO e UGT

Os grupos parlamentarios acolleron positivamente as peticións de CCOO e UGT

Formaron parte da delegación de CCOO o seu secretario xeral, Ramón Sarmiento, así como o secretario xeral da Federación de Pensionistas e Xubilados, Carlos Mella, e o secretario de Organización da dita Federación, Xoán Carlos Aneiros. A delegación de UGT integrárona o seu secretario xeral, José Antonio Gómez, o secretario de Organización, José Luis Fernández Celis, e o responsable da Unión de Xubilados e Pensionistas, Valentín Tato.

A xuntanza cos grupos parlamentarios solicitouse aproveitando que o martes, 1 de outubro, foi a conmemoración do Día Internacional das Persoas Maiores. As delegacións sindicais entregáronlles aos cinco grupos o manifesto conxunto co gallo da efeméride, no que esixen derrogar a reforma das pensións do 2013 e o compromiso de revalorizar as prestacións en función do IPC, entre outras importantes demandas.


 

CCOO e UGT instan o Parlamento a aprobar unha declaración institucional en defensa do sistema público de pensións

mércores 2 de outubro de 2019

Documentos relacionados

Manifesto de CCOO e UGT co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade
Áreas - Institucional - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros