Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

venres 4 de outubro de 2019

A Xustiza anula parcialmente os servizos mínimos decretados pola Xunta en febreiro con motivo da folga das ambulancias

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recrimínalle ao Goberno galego a falta de motivación dos ditos servizos mínimos e condena a Administración ao pagamento das custas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula parcialmente a orde da Consellaría de Sanidade que fixou os servizos mínimos da folga do transporte sanitario do pasado mes de febreiro e condena a Xunta ao pagamento das custas do proceso. Os servizos xurídicos de CCOO denunciaron os ditos servizos mínimos por consideralos «abusivos», xa que alcanzaban o 100 % no caso das ambulancias do 061 e o 50 % para o transporte inter e intrahospitalario.

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de ambulancias o pasado mes de febreiro

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de ambulancias o pasado mes de febreiro

Esta última cuestión é a que foi obxecto de anulación por parte do Alto Tribunal galego, que bota man da ampla xurisprudencia para xustificar a súa posición e concluír que o cálculo do 50 % realizado por Sanidade «está desconectado de calquera elemento fáctico que lle poida servir de fundamento, podendo supor a invisibilización e desactivación dos efectos da folga».

Por último, desde CCOO lembran que son xa varias as sentenzas xudiciais que nos últimos anos ratificaron a condición de «abusivos» dos servizos mínimos decretados pola Administración autonómica. O sindicato lamenta que a Xunta «siga teimando contra a lóxica», obrigando os sindicatos a acudir á Xustiza «para facer valer dereitos fundamentais que o propio Goberno debera garantir».

A Xustiza anula parcialmente os servizos mínimos decretados pola Xunta en febreiro con motivo da folga das ambulancias

venres 4 de outubro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros