Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

martes 8 de outubro de 2019

CCOO arroupa en Ferrol os traballadores denunciados despois da protesta de Alcoa en Madrid

  • Traballadores e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade

Comisións Obreiras (CCOO) arroupou hoxe en Ferrol os traballadores denunciados após a protesta do persoal de Alcoa en Madrid o pasado 28 de marzo. Ao abeiro da lei mordaza, foron denunciadas varias compañeiras e compañeiros que aquel día participaron na concentración que tiña lugar diante do Congreso dos Deputados. Traballadores (entre eles, dirixentes sindicais) e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade.

Un momento da concentración

Un momento da concentración

Entre os denunciados están o secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, o presidente do comité de empresa de Alu Ibérica LC (antiga Alcoa-A Coruña), Juan Carlos López Corbacho, así como outros dous traballadores afiliados a CCOO. Canto a cargos públicos, están denunciados os deputados e deputadas de Unidas Podemos Rafa Mayoral, Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez e Yolanda Díaz.

Corbacho xa prestou declaración nos xulgados da Coruña o pasado 24 de setembro. Mañá, martes, será a vez de Ledo e doutros dous compañeiros.

CCOO lamenta esta «persecución» e nega o delito que se lles atribúe ás persoas denunciadas, xa que as numerosas imaxes demostran que non opuxeron resistencia ningunha, nin a identificarse nin cando comezaron as «desproporcionadas» cargas policiais.

O secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, afirma que aquel día en Madrid «non aconteceu nada que non pasara en calquera outro conflito», máis aínda co «ingrediente engadido dunha empresa que quería pechar e despedir centos de traballadores». O dirixente sindical asegura que «non só nos seguiremos mobilizando, senón que o faremos coa contundencia que nos caracteriza ás xentes das CCOO».

Sarmiento conclúe que «defender a clase traballadora non é delito» e esixe que o Goberno que saia das urnas o vindeiro 10 de novembro se comprometa a derrogar a lei mordaza, que desde a súa creación só está a servir para castigar e criminalizar toda forma de protesta social.

CCOO arroupa en Ferrol os traballadores denunciados despois da protesta de Alcoa en Madrid

martes 8 de outubro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros