Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

mércores 9 de outubro de 2019

CCOO lamenta o falecemento dun traballador nunha fábrica de papel en Santiago de Compostela

  • O sindicato insta a «extremar as precaucións» e a «non escatimar» medidas de prevención

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia traslada as súas condolencias a familiares, compañeiros e compañeiras e amizades do traballador que esta madrugada perdeu a vida nun accidente laboral nas instalacións de Papelera de Brandía, en Santiago de Compostela. Segundo as informacións que se coñecen ata o momento, o operario perdeu a vida ao ficar atrapado por unha máquina.

Instalacións da papeleira de Brandía, en Santiago de Compostela

Instalacións da papeleira de Brandía, en Santiago de Compostela

O secretario de Saúde Laboral, Roi Fernández, alerta de que, segundo datos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), nos seis primeiros meses do 2019 houbo tres accidentes mortais máis ca no mesmo período do ano anterior.

Por esta razón, o sindicalista insta a «extremar as precaucións» e a «non escatimar» medidas de prevención; reivindica políticas públicas en saúde laboral e un maior control por parte da Administración sobre a aplicación das ferramentas de prevención de riscos laborais en todas as empresas.

«Insistimos na necesidade de colaboración entre os diferentes axentes involucrados na prevención para evitar que traballadores e traballadoras perdan a vida a causa de accidentes laborais, e esiximos a pronta e exhaustiva investigación do sinistro e a determinación das responsabilidades», asevera Fernández.

CCOO lamenta o falecemento dun traballador nunha fábrica de papel en Santiago de Compostela

mércores 9 de outubro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade