Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

martes 5 de novembro de 2019

Caravana en Madrid polo futuro industrial e forestal de Galicia

  • Traballadores e traballadoras de ENCE, das súas industrias auxiliares e transportistas mobilizaranse o xoves na capital do Estado nunha manifestación que partirá da sede do PSOE, en Ferraz

O persoal de ENCE en Pontevedra, traballadoras e traballadores das industrias auxiliares e tamén transportistas mobilizaranse en Madrid o xoves desta semana, 7 de novembro, en defensa do futuro industrial e forestal de Galicia. A manifestación partirá ás 11 da mañá da sede estatal do PSOE, na rúa Ferraz, e rematará dúas horas máis tarde diante do Congreso dos Deputados.

Participarán traballadores e traballadoras de ENCE, das súas industrias auxiliares e transportistas

Participarán traballadores e traballadoras de ENCE, das súas industrias auxiliares e transportistas

O obxectivo da manifestación é rexeitar a decisión do Goberno en funcións de non defender a prórroga da concesión de ENCE na ría de Pontevedra, o que pon en risco milleiros de postos de traballo.

A caravana de camións chegará á capital do Estado ao redor das 10 horas, pero debido á alerta antiterrorista de nivel 4 decretada polo Ministerio do Interior, os vehículos deberán estacionar na área de servizo La Atalaya, na localidade veciña de Villaviciosa de Odón. Desde este lugar desprazaranse a Madrid en autobuses facilitados pola organización, que estacionarán nas inmediacións do Parque del Retiro.

A manifestación, que transcorrerá aproximadamente entre as 11 e as 13 horas, partirá do número 70 da rúa Ferraz e continuará polas rúas Marqués de Urquijo, Princesa, Gran Vía, praza de Callao, Preciados, Puerta del Sol, Carrera de San Jerónimo e concluirá na praza das Cortes.

Debido ao peso da planta de Pontevedra sobre o conxunto do Grupo ENCE, prevese que participen tamén traballadores e traballadoras doutros puntos do Estado. Desde CCOO reitérase que a fin da actividade industrial en Pontevedra tería un «grave prexuízo» para toda a comarca e para o sector forestal galego.

Caravana en Madrid polo futuro industrial e forestal de Galicia

martes 5 de novembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros