Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

mércores 6 de novembro de 2019

O persoal sanitario protestou á porta dos hospitais para esixir o aumento de nivel profesional e retributivo

  • A Federación de Sanidade de CCOO iniciou hai meses unha campaña reivindicativa para que o Goberno do Estado revise o sistema de cualificacións e clasificación profesional no ámbito

O persoal sanitario galego protestou hoxe á porta dos hospitais para esixir o aumento de nivel profesional e retributivo. A Federación de Sanidade de CCOO iniciou hai meses unha campaña reivindicativa de alcance estatal para que o Goberno central revise o sistema de cualificacións e clasificación profesional no ámbito.

Xornada reivindicativa do persoal da sanidade galega

Xornada reivindicativa do persoal da sanidade galega

O sindicato critica a anomalía de que o Estatuto básico do empregado público (EBEP) leve once anos cunha disposición transitoria que trata a cualificación e clasificación profesional pero que, polo de agora, continúa sen desenvolver. A Federación estatal de Sanidade de CCOO elaborou e presentou unha proposta integral de cualificación e clasificación profesional para corrixir todas as eivas detectadas, que puxo en coñecemento do Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) e do Ministerio de Sanidade.

Para CCOO, acometer estas mudanzas sería o mesmo que o Goberno «recoñeza o traballo que fai o persoal sanitario» e implicaría, xa que logo, un aumento do seu nivel profesional e das súas retribucións. Desde o sindicato piden que os cambios entren en vigor mediante un III Acordo da Función Pública, que se aplicaría ao longo de catro anos, isto é, unha lexislatura. «Sería factible e necesario», conclúe a organización.

Principais aspectos da proposta de CCOO

— Desenvolver a disposición transitoria terceira do EBEP.
— Aplicación directa do artigo 76 do EBEP («grupos de clasificación profesional do persoal funcionario de carreira»), coa división do grupo A en tres subgrupos (en relación cos créditos ECTS).
— Incluír no EBEP a validez dos certificados de profesionalidade para a adscrición a un grupo profesional.
— Unificación progresiva do grupo auxiliar administrativo en grupo administrativo, e aplicación do artigo 34 do Estatuto marco sobre promoción interna.
— Asignación de nivel de cualificación a todas as categorías profesionais.
— Creación ou reforma de novas titulacións de Formación Profesional sanitaria.
— Desenvolvemento pleno das competencias de enfermaría, que a sitúe nun maior nivel de cualificación.
— Cambiar a especialidade de enfermaría médico-cirúrxica por dúas especialidades: enfermaría crítica e de urxencias e enfermaría de coidados paliativos e infecciosos.
— Resolver urxentemente a avaliación da proba excepcional de enfermaría familiar e comunitaria.
— Desenvolver as áreas de capacitación específica para o persoal facultativo.
— Urxencias e emerxencias debe ser unha especialidade médica.
— Definir as retribucións de profesionais que participen en procesos de formación dunha área de capacitación específica e especialidades de enfermaría.
— Establecer un desenvolvemento de competencias de fisioterapeutas a través das seguintes áreas de capacitación específica: cardiorrespiratoria, neurolóxica, aparello locomotor, comunitaria.
— Resolver de forma inmediata o baleiro deixado pola anulación do real decreto sobre troncalidade.
— Incluír os traballadores e traballadoras sociais como categoría sanitaria e, por tanto, incluída na Lei de ordenación de profesións sanitarias.
 

O persoal sanitario protestou á porta dos hospitais para esixir o aumento de nivel profesional e retributivo

mércores 6 de novembro de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros