Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

xoves 7 de novembro de 2019

CCOO esixe a readmisión do delegado despedido por Konecta tras poñerse enfermo

  • Concentración de apoio o venres, 8 de novembro, ás 12 horas, no polígono de Bergondo

Comisións Obreiras (CCOO) esixe a readmisión do delegado despedido a finais de outubro por Konecta tras poñerse enfermo. A empresa aplicou o artigo 52 do Estatuto dos Traballadores, modificado coa reforma laboral do PP en 2012, que considera o absentismo xustificado como causa de despedimento obxectivo. O sindicato convoca unha concentración de apoio para mañá venres, 8 de novembro, de 12 a 13 horas, diante das instalacións de Konecta no polígono de Bergondo.

CCOO esixe a readmisión de Ángel, delegado despedido tras poñerse enfermo

CCOO esixe a readmisión de Ángel, delegado despedido tras poñerse enfermo

Para CCOO, é «unha mostra máis do grao de deshumanización ao que nos ten acostumados o grupo Konecta», critica o sindicato, que censura este aspecto da reforma laboral por antepor os intereses económicos e empresariais á protección da saúde das persoas traballadoras. Este despedimento é «un máis» entre os numerosos que está a facer efectivos a empresa en todo o Estado.

O sindicato denuncia que, coa aplicación do dito artigo do Estatuto dos Traballadores, unha persoa cun contrato laboral de corenta horas semanais poida ser despedida se falta oito días en dous meses consecutivos, se nos doce anteriores tivo un 5 % de absentismo. Deste xeito, unha simple gripe pode ser causa de despedimento inmediato .

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia defende que un dos principios fundamentais da responsabilidade social corporativa dunha empresa ha ser o dereito á saúde das persoas que traballan para ela. «Non somos simples números nas súas estatísticas de absentismo», conclúen desde Comisións.

CCOO esixe a readmisión do delegado despedido por Konecta tras poñerse enfermo

xoves 7 de novembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros