Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

martes 26 de novembro de 2019

CCOO asina o convenio galego dos centros especiais de emprego e lamenta a «irresponsabilidade» da CIG

  • O sindicato nacionalista forzou o comezo das negociacións —malia estar pendente de publicación o convenio estatal—, participou activamente nelas e apoiou o acordo previo, pero desmarcouse do asinamento final
  • O asinamento do convenio estatal, negociado tamén por CCOO, permitiu desbloquear as negociacións do convenio galego, que estaban enquistadas

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia asinou o III Convenio colectivo de centros especiais de emprego, que chega a bo porto após unhas longas negociacións iniciadas o pasado mes de febreiro. Desde Comisións Obreiras lamentan a «irresponsabilidade da CIG», xa que foi o sindicato que forzou o comezo das negociacións, participou activamente nelas e mesmo chegou a apoiar o acordo previo, pero no último momento desmarcouse do asinamento final.

Asinado o novo convenio galego dos centros especiais de emprego

Asinado o novo convenio galego dos centros especiais de emprego

A Federación do Ensino xa criticara anteriormente a actitude do sindicato nacionalista, pois denunciou o convenio galego, obrigando así a iniciar as negociacións, malia que estaba pendente de publicación o estatal, negociado por CCOO.

Ante a denuncia unilateral por parte da CIG, Comisións asumiu unha actitude responsable e implicouse activamente na negociación. O tempo deulle a razón a CCOO-Ensino, xa que o 4 de xullo foi publicado o XV convenio estatal, con importantes melloras para as persoas que traballan nestes centros.

A publicación deste convenio demostrou que o tempo de negociación —máis de catro meses—, forzado pola CIG, foi ata o momento «baldío» por dúas razóns. A primeira, a gran distancia entre as propostas patronais e as peticións sindicais, que durante meses enquistaron as negociacións. A segunda, que a publicación do convenio estatal limitaba a negociación de materias como a xornada máxima anual, o período de proba, as modalidades de contratación, a clasificación profesional, o réxime disciplinario, as normas medioambientais, a seguridade e saúde no traballo ou a mobilidade xeográfica.

Precisamente, a publicación do convenio estatal e o seu alcance foi o que permitiu desbloquear as negociacións e facilitou a chegada a un acordo previo, asinado o pasado 30 de outubro por todas as partes —tamén a CIG—, pactándose tamén a data do asinamento definitivo do texto.

CCOO lamenta que a CIG «se bote atrás» no último momento, xa que «nada cambiou entre o contido do acordo previo, que asumiron, e o texto definitivo do que agora renegan».

CCOO asina o convenio galego dos centros especiais de emprego e lamenta a «irresponsabilidade» da CIG

martes 26 de novembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros