Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 29 de novembro de 2019

Convocatoria 2020 para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca no seu ámbito de competencias o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación para un total un total de 1800 prazas, nas unidades de competencia que se indican no anexo I (un total de 6475) nas cualificacións profesionais que se indican a seguir.

— Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas
— Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas
— Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas
— Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas
— Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas
— Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas
— Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas
— Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas
— Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de competencia:
* UC0080_2 — Vixiar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións
* UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física
— Instrución en ioga ( AFD616_3): 150 prazas
— Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas

O prazo de inscrición será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (publicouse o 27 de novembro).
Máis información no DOG Nº 226 DO MÉRCORES, 27 DE NOVEMBRO DE 2019
Para facilitar o acceso a este procedemento de recoñecemento de competencias profesionais, poderanse utilizar os permisos individuais de formación.
 

Convocatoria 2020 para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

venres 29 de novembro de 2019

Documentos relacionados

Convocatoria [PDF]

Ligazóns de interese relacionadas

Información sobre os permisos individuais de formación [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros