Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 27 de decembro de 2019

Manifesto do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia en defensa do Sistema Público de Universidades de Galicia

O Sindicato Nacional das Comisións Obreiras de Galicia manifesta publicamente o seu apoio ao Sistema Público Universitario de Galicia e considera un ataque á desexable equidade social a proposta de crear unha universidade privada patrocinada por unha entidade financeira/bancaria como é ABANCA, utilizando como cobertura a súa «Afundación».

08-12-2019.- O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia remítelle o texto deste manifesto aos tres reitores das universidades galegas, solicitándolles unha xuntanza urxente para lles manifestar o noso apoio ao Sistema Público Universitario de Galicia, xa que consideramos esta proposta un ataque ao dito sistema. Dela cabe destacar:
A oferta de títulos que publica a proposta de Afundación entra en absurda competencia coa existente no sistema universitario público galego e vén duplicar a oferta de estudos coa agravante de que, precisamente nestes, existe unha maior oferta de prazas públicas respecto ao demandado.
A proposta en cuestión non se insire na realidade de Galicia, máis ben todo o contrario; xa, dende o propio nome anunciado «Universidad intercontinental de la Empresa» (lembremos que na actualidade se denomina «Instituto de educación superior intercontinental de la empresa») mostra a súa vontade de recrutar o alumnado preseleccionándoo por distintas vías (bolsas e facilidades aos relacionados coa propia Abanca, abaratamento da obrigada formación dos seus propios traballadores e traballadoras por imperativos europeos, recrutamento de elites americanas co retorno conseguinte, promesas de colocación posterior en empresas seleccionadas...) e obvia toda vontade de compromiso en prol da cohesión social de Galicia, comezando co desprezo á normalización lingüística que todo estudo universitario está obrigado a considerar.
O pasado 9 de decembro, na xuntanza do Consello Galego de Universidades aprobouse aceptar a tramitación da iniciativa de Afundación. Denunciamos a complicidade dos representantes do Goberno galego con semellante intención espuria, incumprindo a súa obriga de defensa do común; do mesmo xeito procederon todos aqueles membros que, no seu día, foran nomeados polo PP ou polo propio Goberno, destacando os presidentes dos consellos sociais das tres universidades, sen que estes se pronunciaran formalmente e contradicindo o votado polos seus propios reitores.
 

Manifesto do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia en defensa do Sistema Público de Universidades de Galicia

venres 27 de decembro de 2019

Documentos relacionados

Texto do manifesto