Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

martes 14 de xaneiro de 2020

CCOO constitúe en Vigo un grupo de traballo sobre o amianto

  • Malia que o uso e a comercialización deste material canceríxeno están prohibidos desde o 2002, segue a ser un risco porque poden atopalo traballadores ou traballadoras sen a formación axeitada

Comisións Obreiras (CCOO) constituíu hoxe en Vigo un grupo de traballo sobre o amianto. Debido ás súas múltiples propiedades (sobre todo illantes e ignífugas), foi usado de xeito intensivo durante décadas en todo tipo de sectores para diferentes aplicacións (construción naval, edificacións, canalizacións de auga, automoción, etc.). Malia que o seu uso e comercialización están prohibidos desde o 2002, o asbesto segue presente en multitude de lugares, xa que non é obrigatorio retiralo se non chegou ao final da súa vida útil.

Un momento da presentación do grupo de traballo

Un momento da presentación do grupo de traballo

Porén, é precisamente nesa derradeira etapa da súa vida útil cando o amianto ou asbesto é máis perigoso, xa que a degradación do material provoca que solte pequenas fibras que acaban sendo inhaladas, producindo todo tipo de doenzas, incluído o cancro.

Segundo CCOO, un dos maiores riscos é a aparición de amianto «de xeito inesperado», xa que non hai ningún tipo de mapa que indique os lugares onde foi utilizado. O sindicato alerta de que poden atopalo traballadores e traballadoras sen a formación suficiente «e hai que recoñecelo para saber previr», en especial en tarefas de mantemento e reformas de edificios e instalacións, así como en buques, trens ou canalizacións de auga.

Obxectivos do grupo de traballo

Por todo isto, o grupo de traballo de CCOO ten catro grandes obxectivos. O primeiro, organizar campañas e xornadas informativas e de concienciación, tanto para a poboación activa como para a que finalizou a súa vida laboral.

En segundo lugar, impulsar a redacción —por parte da Xunta— dun plan director do amianto para Galicia, amais de impulsar a aplicación do ditame do Comité Económico e Social Europeo sobre a eliminación do amianto instalado.

En terceiro lugar, impulsar medidas ante as Administracións locais para a esixencia dun informe previo a calquera obra cando exista o risco da presenza de amianto. Finalmente, establecer un protocolo de actuación para que os delegados e delegadas de CCOO, así como calquera persoa afiliada, saiban como actuar ante a posible aparición de amianto nas empresas.

CCOO constitúe en Vigo un grupo de traballo sobre o amianto

martes 14 de xaneiro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros