Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

mércores 5 de febreiro de 2020

CCOO lamenta o falecemento dun traballador no concello de Campo Lameiro tras caer dun tellado

  • Catro de cada dez mortes no sector da construción prodúcense por caídas en altura, sinala o sindicato

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia traslada as súas condolencias a familiares, compañeiros e compañeiras e amizades do mozo que este mércores perdeu a vida nun accidente laboral no concello de Campo Lameiro (Pontevedra). Segundo as informacións que se coñecen ata o momento, o traballador perdeu a vida tras caer do tellado en que estaba traballando. No mesmo sinistro quedou ferido grave seu pai, quen continúa hospitalizado.

Á espera de coñecer máis informacións, o secretario de Saúde Laboral, Roi Fernández, insta a «extremar as precaucións» e a «non escatimar» medidas de prevención neste tipo de actividades. Segundo un informe da Federación estatal de Construción e Madeira de CCOO, catro de cada dez sinistros mortais no sector producíronse por caídas en altura.

Por último, o sindicalista reivindica políticas públicas en saúde laboral e un maior control por parte da Administración sobre a aplicación das ferramentas de prevención de riscos laborais en todas as empresas. «Insistimos na necesidade de colaboración entre os diferentes axentes involucrados na prevención para evitar que traballadores e traballadoras perdan a vida a causa de accidentes laborais, e esiximos a pronta e exhaustiva investigación do sinistro e a determinación das responsabilidades», conclúe Fernández.

CCOO lamenta o falecemento dun traballador no concello de Campo Lameiro tras caer dun tellado

mércores 5 de febreiro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade