Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

luns 16 de marzo de 2020

A violencia de xénero non entende de virus. Teléfonos de axuda ás vítimas

Nestes momentos de crise sanitaria, lembramos tamén que seguen estando operativos os servizos 24 horas de alerta da Garda Civil, a través dos teléfonos de emerxencias: 062 e 112. Se te atopas nunha situación de vulnerabilidade e risco extremos, non dubides en pedir axuda a través do 016.

Teléfonos de axuda ás vítimas

Teléfonos de axuda ás vítimas

O número 016 conéctate cun servizo telefónico de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero. Trátase dun teléfono dirixido non só ás vítimas deste problema, senón a toda a sociedade.

Debido á obriga que illarse para frear a transmisión do COVID-19, moitas mulleres vítimas de violencia machista poden atoparse confinadas xunta o seu agresor. Desde o Ministerio de Igualdade lembran que o servizo de atención ás vítimas segue activo tamén vía telemática: 016-online@mscbs.es

Tanto as vítimas como as persoas que coñezan unha muller que estea a sufrir violencia machista poden chamar ao teléfono, que é gratuíto, anónimo e non deixa rastro na factura telefónica. Non só poden chamar ou poñerse en contacto as vítimas, tamén se anima a veciñanza a dar aviso se a muller en cuestión non pode facelo.

Este servizo está dispoñible en 52 idiomas e tamén para persoas con discapacidade auditiva ou de fala.
Tamén desde a Fundación contra os malos tratos poñen un teléfono a disposición de todas as mulleres: «Se sofres violencia de xénero e estás illada en corentena co teu agresor, chama ao teléfono gratuíto e de atención 24 horas:

900 100 009

A violencia de xénero non entende de virus. Teléfonos de axuda ás vítimas

luns 16 de marzo de 2020

Documentos relacionados

Información e teléfonos de contacto [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Igualdade - Actualidade
Información - Novas
Información - Coronavirus - Noticias sindicais