Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 17 de marzo de 2020

CCOO insta a Xunta a tomar medidas para evitar o «colapso inminente» dos servizos de axuda a domicilio

  • O sindicato rexistrou un escrito dirixido á Administración autonómica esixindo a extensión dos equipamentos de protección individual

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia insta a Xunta a tomar medidas para evitar o «colapso inminente» dos servizos de axuda a domicilio. Para o sindicato, a falta de previsión, sumada á «hbitual ausencia de dinámicas preventivas», deixan o sector nunha situación complicada.

CCOO pide a extensión dos equipamentos de protección a todo o persoal

CCOO pide a extensión dos equipamentos de protección a todo o persoal

Xa na fin de semana, CCOO criticou a falta de coordinación entre as partes afectadas —Xunta de Galicia, Concellos e empresas—, que «non estiveron á altura e non quixeron ver a realidade» de milleiros de familias en Galcia e do persoal que os atende.

Deste xeito, o luns, co servizo a plena actividade, «estendeue o pánico en moitos fogares», xa que o persoal de axuda a domicilio carecía de medidas preventivas para evitar a expansión do coronavirus. Isto provocou que en numerosos casos as familias contactasen cos Concellos para dar de baixa o servizo ou pedir a súa suspensión temporal.

CCOO trasladoulles á maioría das empresas concesionarias que deben tomar as medidas de prevención axeitadas para evitar o colapso do sistema, xa que un contaxio simultáneo pode deixar os servizos sen persoal suficiente.

No escrito dirixido á Xunta, CCOO pide a entrega obrigatoria equipamentos de protección individual (EPI), consistentes en luvas de nitrilo, batas desbotables, gorros e máscaras para todo o persoal do sector, equipamentos que só de poderán usar nun único domicilio de cada vez. Así mesmo, o sindicato esixe que tanto a Administración autonómica como os Concellos vixien o cumprimento deste requisito mínimo e, por seguridade, «recorte os servizos nos que non sexa posible o cumprimento».

CCOO insta a Xunta a tomar medidas para evitar o «colapso inminente» dos servizos de axuda a domicilio

martes 17 de marzo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
Información - Coronavirus - Noticias sindicais