Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

mércores 18 de marzo de 2020

Trámites en liña da Seguridade Social sen certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve

  • A Secretaría de Estado de Seguridade Social, para lle facilitar á cidadanía os trámites en liña, abriu a posibilidade de presentar calquera documentación sen necesidade de ter certificado electrónico, DNI electrónico activado ou Cl@ve

A Seguridade Social habilitou unha caixa de correos provisional para permitir a presentación de escritos, solicitudes e comunicacións urxentes para a súa tramitación por parte das direccións provinciais de cada unha das entidades xestoras (TXSS, INSS e ISM), unicamente facilitando os seus datos persoais e de contacto.

A Seguridade Social habilitou unha caixa de correos provisional

A Seguridade Social habilitou unha caixa de correos provisional

Esta caixa de correos está habilitada para aqueles cidadáns e cidadás que non dispoñan de certificado dixital ou rexistro na plataforma Cl@ve, pois quen conte con estes medios pode e debe seguir accedendo por esta vía aos trámites que desexe realizar a través da Sede Electrónica da Seguridade Social.

Trátase dunha medida provisional, derivada do peche do servizo de atención ao público nas oficinas da Seguridade Social, e que se manterá mentres dure a situación de emerxencia sanitaria pola pandemia do COVID-19.
Esta caixa de correos habilitouse dentro do servizo de Rexistro Electrónico, no apartado Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións, picando na opción de acceso sen certificado, que anteriormente estaba deshabilitada.

A forma de facelo é na Sede electrónica da Seguridade Social.

O camiño é o seguinte: Sede electrónica - Cidadáns ou Empresas - Outros procedementos - Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións - acceso sen certificado.

Trámites en liña da Seguridade Social sen certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve

mércores 18 de marzo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Sociopolítica - Política social - Actualidade
Información - Novas
Información - Coronavirus - Noticias sindicais