Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

venres 20 de marzo de 2020

A presión sindical obriga a Inditex a descartar os ERTE

A presión sindical exercida nos últimos días obrigou a Inditex a dar marcha atrás aos ERTE presentados á representación legal dos traballadores e das traballadoras. CCOO criticara enerxicamente as intencións da multinacional, que anunciaba os expedientes de regulación ao mesmo tempo que declaraba beneficios multimillonarios.

Sede de Inditex en Arteixo

Sede de Inditex en Arteixo

O Grupo Inditex comunicoulle a CCOO que asumirá cos seus recursos financeiros o custo das suspensións temporais para todo o persoal.

O sindicato seguirá traballando para que a multinacional aplique urxentemente os protocolos de actuación solicitados para garantir a seguridade e saúde nos centros loxísticos.

 

A presión sindical obriga a Inditex a descartar os ERTE

venres 20 de marzo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
Información - Coronavirus - Noticias sindicais