Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 24 de marzo de 2020

Modelos de solicitudes de conciliación durante a crise do COVID-19

O Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, busca frear o impacto económico da pan-demia global que estamos a sufrir ao tempo que, entre outras cuestións, establece medidas que favorezan a conciliación e a protección da saúde nun momento de estado de alarma.

Podes consultar ou descargar os modelos no documento anexo a esta nota informativa

Podes consultar ou descargar os modelos no documento anexo a esta nota informativa

No artigo 6 establece tamén o dereito de adaptación e/ou redución da xornada cando se acre­diten deberes de coidado respecto ao/a cónxuxe, parella de feito ou familiares ata segundo grao de consanguinidade, con algunhas concrecións:

— A adaptación poderá referirse á distribución do tempo de traballo ou calquera outro aspecto das condicións de traballo: cambio de quenda, alteración do horario, horario flexible, xornada partida ou continuada, cambio de centro de traballo, funcións ou forma de prestación do traballo (incluíndo o traballo a distancia) ou calquera outro cambio nas condicións que estivese dispoñible na empresa.

— A concreción inicial deste dereito corresponde á persoa traballadora, tanto en alcance coma en contido. De forma xustificada, razoable e proporcionada, e tendo en conta as necesidades concretas de coidados que debe dispensar a persoa traballadora e as nece­sidades de organización da empresa. Ambas as partes deberán facer o posible para che­gar a un acordo.

— Dereito a unha redución especial da xornada nas situacións previstas no 37.6 do ET, de acreditar deberes de coidado respecto ao/á cónxuxe, parella de feito ou familiares ata segundo grao de consanguinidade, coa redución proporcional do seu salario. Redución especial que se rexerá polos puntos 37.6 e 37.7 do ET.

— A redución da xornada deberá comunicarse con 24 horas de antelación e poderá chegar a ser do total da xornada, conservando os dereitos e garantías previstas no 37.6 do ET.

— No caso de que as reducións cheguen ao 100 % da xornada, deberá estar xustificado e ser razoable e proporcionado en atención á situación da empresa.

— No suposto establecido no segundo parágrafo do 37.6 (razón de idade, accidente ou enfermidade), non será preciso que a/o familiar que require atención e coidado non desempeñe actividade retribuída.

— De estar gozando xa dunha adaptación ou redución de xornada previstos no ordena­mento laboral (incluído o artigo 37 do ET), poderá renunciar a el ou modificalo tempo­ralmente, sempre que concorran as circunstancias extraordinarias de deberes de coidados.

Podes consultar ou descargar os modelos no documento anexo a esta nota informativa.

Modelos de solicitudes de conciliación durante a crise do COVID-19

martes 24 de marzo de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Modelos de solicitudes de conciliación durante a crise do COVID-19 [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Igualdade - Actualidade
Información - Novas
Información - Coronavirus - Noticias sindicais