Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 24 de marzo de 2020

CCOO-Ensino pide a substitución do profesorado que está de baixa para garantir a formación de todo o alumnado

  • Malia que os centros educativos están practicamente pechados, a actividade lectiva continúa

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia pide a reactivación do sistema de cobertura de substitucións do profesorado que se atopa en situación de baixa, para así garantirlle a formación a todo o alumnado. O sindicato lembra que, malia que os centros educativos están practicamente pechados, a actividade lectiva continúa de xeito telemático. O profesorado atende diariamente o seu alumnado presentándolle tarefas que ten que realizar e facendo un seguimento dese traballo.

CCOO-Ensino pide a substitución do profesorado que está de baixa

CCOO-Ensino pide a substitución do profesorado que está de baixa

Con todo, para poder ofrecer a formación a todo o alumnado, é imprescindible que o sistema de chamamentos de profesorado substituto continúe funcionando, co obxectivo de cubrir todas as baixas que se produzan. Isto terá que vir tamén acompañado de directrices telemáticas e telefónicas das direccións dos centros ao profesorado substituto, de xeito que a actividade docente non se paralice en ningún momento.

CCOO-Ensino lembra que, neste momento, hai comunidades autónomas en que non se paralizou a contratación de profesorado substituto, xustamente para potenciar que a atención docente en liña sexa real e efectiva. «É a única forma de asegurar que todas as nenas e nenos galegos en idade escolar sigan recibindo exercicios e actividades, e que llelas corrixan, así como que as familias reciban directrices para apoiar as actividades dos máis pequenos», sinala Luz López, secretaria xeral da Federación.

CCOO-Ensino pide a substitución do profesorado que está de baixa para garantir a formación de todo o alumnado

martes 24 de marzo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas