Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

venres 10 de xullo de 2020

Apuntamentos sobre a igualdade

A nova normalidade supón a fin da cita semanal do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia na web do Sindicato a través da sección de «Apuntamentos sobre a igualdade». Entendemos que resultou moi útil pero, co retorno á actividade laboral normal, xa cumpriu o seu obxectivo.

Apuntamentos elaborados polo Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia

Apuntamentos elaborados polo Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia

Desde o Gabinete de Igualdade queremos lembrarche que, malia que o virus non entende de sexos, a sociedade segue sendo desigualitaria e discriminatoria coas mulleres. Daquela, hai que insistir en que esta crise non afecte máis e con maior contundencia ás mulleres.

Por iso, con estes apuntamentos que fomos deixando na web e nas redes sociais, teimamos no valor da igualdade para o noso devir social e laboral; e, a partir de agora, farémolo tamén a través do asesoramento directo e da formación.

O obxectivo definitivo do traballo en prol da igualdade no mundo laboral é converter as empresas en espazos libres de discriminación das mulleres e onde impere a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes.

Esta semana retomamos o glosario de termos, engadindo unha segunda entrega e abordando algunha terminoloxía máis concreta.
 

Apuntamentos sobre a igualdade

venres 10 de xullo de 2020

Documentos relacionados

Glosario de termos para a igualdade. A terminoloxía importa (II) [PDF]
O acoso sexual e por razón de sexo: orixe, barreiras e consecuencias [PDF]
Dereitos e axudas para as traballadoras que sofren violencia de xénero [PDF]
Esquema avaliación e seguimento dun plan de igualdade + Exemplo de fichas de avaliación das medidas
Medición da igualdade na empresa [PDF]
Apoderamento feminino [PDF]
Glosario de termos para a igualdade. A terminoloxía importa [PDF]
Subsidio extraordinario para empregadasde fogar afectadas profesionalmente polo COVID-19 [PDF]
Código de boas prácticas: integrando a igualdade no traballo e a xestión da empresa [PDF]
Igualdade lingüística ou linguaxe inclusiva [PDF]
Instrucións para elaborar medidas de igualdade [PDF]
Elaboración dun diagnóstico de igualdade na empresa [PDF]
A obrigatoriedade dos plans de igualdade nas empresas [PDF]
Esquema do protocolo de actuación en casos de acoso sexual ou por razón de sexo [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Igualdade - Actualidade
Información - Novas