Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

luns 6 de abril de 2020

Renda 2019: A cota de afiliación a CCOO é deducible na declaración da renda

  • Os afiliados e afiliadas a CCOO poden deducir o importe da cota de afiliación na declaración da renda, segundo recolle a lei do IRPF. Esta dedución pode supoñer un aforro na cota de entre o 20 e o 35 %, dependendo dos casos

A cota de afiliación a CCOO é un gasto que podes deducir cando realices a túa declaración anual da renda. Este importe non aparece no borrador de Facenda en cumprimento da Lei de protección de datos, polo que deberás poñer a cantidade que pagaches pola cota sindical no espazo reservado a «cotas satisfeitas a sindicatos».

Tíralle proveito á túa afiliación

Tíralle proveito á túa afiliación

Non é necesario achegar documentación acreditativa, salvo que Facenda o solicite con posterioridade; de se dar esa circunstancia, o xustificante de pagamento son os mesmos recibos bancarios ou de nómina que xa tes. Para máis información, podes dirixirte ao sindicato.

Se queres dispoñer do certificado do importe das cotas satisfeitas a CCOO en 2019 e non o recibiches, podes obtelo por estas dúas vías indicando o teu nif (sen letra).

1. Solicitar que cho envíen por correo electrónico no correo: info@uar.ccoo.es
2. Entrar na túa área persoal de afiliado e descargalo accedendo a: https://ssl.ccoo.es/Afiliacion
Se non lembras ou non tes clave de acceso, na mesma páxina podes solicitala indicando a túa data de nacemento, nif (sen letra) e correo electrónico para que che envíen contrasinal. Este proceso é inmediato.
Para consultar outras vantaxes de estar afiliado/a, visita esta páxina.

CITA PREVIA NA AXENCIA TRIBUTARIA

Pódeste informar sobre o procedemento de cita previa na Axencia Tributaria na seguinte ligazón:
https://www.agenciatributaria.gob.es/AEAT.sede/procedimientoini/GC29.shtml
 

Renda 2019: A cota de afiliación a CCOO é deducible na declaración da renda

luns 6 de abril de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Páxina para tramitares en liña a túa afiliación a CCOO
Entra na túa área de afiliada/o para descargares o certificado de cotas satisfeitas

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas