Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

luns 13 de abril de 2020

Quedaches sen traballo pola crise do coronavirus?

  • Pomos os servizos xurídicos de CCOO á túa disposición nunhas condicións especiais

​Desde o primeiro momento, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia expuxo que a principal prioridade para a nosa organización é o mantemento do emprego. Por esta razón, non podemos permitir que, nesta situación de estado de alarma, as empresas recorran á finalización das relacións laborais pois dispoñen de suficientes medidas de flexibilidade.

Campaña especial dos servizos xurídicos de CCOO

Campaña especial dos servizos xurídicos de CCOO

Pomos os nosos servizos xurídicos a disposición de todas as persoas que durante estas semanas están sendo vítimas destas decisións empresariais inxustas, e facémolo nunhas condicións moi especiais, porque se trata dun exercicio de solidariedade con quen arestora sofre de forma especial a crise do coronavirus.
CAMPAÑA COVID-19

A campaña especial COVID-19 diríxese ás traballadoras e traballadores afectados pola crise sanitaria do coronavirus que viron finalizados os seus contratos de traballo durante o estado de alarma decretado polo Goberno de España o 14 de marzo de 2020.

Quedaches sen traballo pola crise do coronavirus?

luns 13 de abril de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Galicia Sindical 4/2020 - Esenciais, seguras e protexidas [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
Información - Coronavirus - Noticias sindicais