Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

luns 11 de maio de 2020

Guía de prestacións por desemprego

Xa está dispoñible para consulta ou descarga na páxina web de CCOO a nova versión da 'Guía de prestacións por desemprego', actualizada para dar conta tamén das medidas excepcionais aprobadas por causa do COVID-19.

Guía de prestacións por desemprego 2020

Guía de prestacións por desemprego 2020

Nesta guía detállanse os requisitos xerais para acceder á protección por desemprego, a documentación que é preciso achegar, a situación dos traballadores e traballadoras que estean nun ERE ou ERTE, o desemprego durante a maternidade/paternidade, as baixas por incapacidade temporal ou a situación das vítimas da violencia machista, entre outras cuestións.

Canto ás medidas excepcionais aprobadas por cauasa do COVID-19, esta guía recolle a prestación por cesamento de actividade, a ampliación das situacións legais de desemprego, a protección par as persoas traballadoras fixas descontinuas, o subsidio excepcional por fin contrato temporal, o subsidio extraordinario para persoas empregadas de fogar, a protección por desemprego aos traballadores e traballadoras afectados por ERTE ou o acceso extraordinario á prestación por desemprego dos artistas non afectados por ERTE.

Guía de prestacións por desemprego

luns 11 de maio de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Guía de prestacións por desemprego (2020) [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas