Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 19 de maio de 2020

Galicia Sindical 7/2020 - CCOO propón un Plan para a recuperación económica e social de Galicia

Xa está dispoñible un novo número da publicación GALICIA SINDICAL, nesta ocasión centrado na proposta de Plan para a recuperación económica e social de Galicia que CCOO lle propuxo á Xunta.

Portada da publicación

Portada da publicación

Indícanse a seguir os contidos deste número:

— Proposta de Plan para a recuperación económica e social de Galicia
— Resumo da xuntanza entre CCOO e a Xunta de Galicia
— CCOO atendeu 28.000 consultas durante o estado de alarma
— A «nova normalidade» na atención presencial nos locais de CCOO

Podes consultar a publicación en formato PDF facendo clic aquí ou na ligazón ao pé desta nota informativa.

Atención sindical

Como se indica neste número do GALICIA SINDICAL, esta semana recuperaremos a atención presencial nos nosos locais, para o que previamente deberás pedir cita telefónica. Con todo, segue sendo preferible a atención telemática, ben sexa a través do teléfono ou mediante o noso formulario en liña.

Declaración da renda

Por último, lembrámosche que a túa cota de afiliación a CCOO é un gasto deducible na declaración da renda.

Galicia Sindical 7/2020 - CCOO propón un Plan para a recuperación económica e social de Galicia

martes 19 de maio de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Galicia Sindical 7/2020 - Plan para a recuperación económica e social de Galicia [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas