Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

luns 15 de xuño de 2020

Apertura dos procedementos para solicitar axudas para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal

O pasado venres, 12 de xuño, publicáronse no DOG as ordes relativas ás bases das axudas a través do Bono Coidado extraordinario, con dúas liñas e procedementos diferentes: un destinado ao coidado de menores de 12 anos e outro para persoas dependentes.

Está aberto o prazo para acceder a estas axudas

Está aberto o prazo para acceder a estas axudas

A función destas axudas é compensar os custos económicos das reducións de xornada ou excedencias obrigadas polo peche dos servizos públicos durante a crise sanitaria causada polo COVID-19. Funciona por unha dobre vía, pois cobre os custos derivados de contratacións para o coidado destas persoas ou compensa a perda de ingresos derivados de se acoller a unha redución de xornada ou unha excedencia.

Baixo o paraugas do BONO COIDADO EXTRAORDINARIO ábrense dous procedementos de axuda distintos:

— De axudas ás familias con nenas e nenos de ata 12 anos para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 (Código de procedemento: BS900C)

— Axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a suspensión deste servizo como consecuencia da COVID-19 (Código de procedemento: BS900B)

Tamén está aberto o prazo para solicitar axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan a redución de xornada de traballo (Código de procedemento: SI440A).

Esta axuda subvenciona as reducións da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou fillo menor de 3 anos (12 anos se ten algunha discapacidade recoñecida) e destinada a homes, mulleres titulares de familias monoparentais ou nos casos de parellas formadas por dúas mulleres.
 
Para máis información, podes consultar os documentos adxuntos ou escribirnos ao correo-e:
gabineteigualdade@galicia.ccoo.es
 
 
 

Apertura dos procedementos para solicitar axudas para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal

luns 15 de xuño de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Axudas para a redución de xornada [PDF]
Bono coidado dependentes [PDF]
Bono coidado menores [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Sociopolítica - Política social - Actualidade
Áreas - Igualdade - Actualidade
Información - Novas