Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 30 de xuño de 2020

Axudas a maiores de 55 anos con contrato extinguido dunha empresa en crise

A Secretaría de Emprego e Previsión Social edita unha folla informativa sobre as axudas a maiors de 55 anos con contrato extinguido que procedan dunha empresa en crise. Bases publicadas no DOG n.º 123, do martes 23 de xuño.

CCOO editou unha folla informativa sobre estas axudas

CCOO editou unha folla informativa sobre estas axudas

Estas axudas consisten en dúas liñas de actuación. A primeira, para financiar as cotas para ingresar polo convenio especial coa Seguridade Social; a segunda, as axudas para compensar a diminución da indemnización a persoas de máis de 55 anos que proceden de empresas en crise.

Nos dous casos, o período subvencionable é do 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020 (ambos incluídos). O prazo de solicitude comezou o 24 de xuño e rematará o 31 de outubro de 2020 (ambos incluídos).

Axudas a maiores de 55 anos con contrato extinguido dunha empresa en crise

martes 30 de xuño de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Folla informativa [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas