Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

luns 6 de xullo de 2020

O Grove volveu saír á rúa para evitar o peche da conserveira Thenaisie Provoté

Unha multitudinaria manifestación volveu ateigar o domingo as rúas do Grove para evitar o peche da conserveira Thenaisie Provoté, inmersa nun proceso concursal. Desde CCOO esíxese a mediación da Xunta, que «non pode mirar para outro lado» e debe implicarse «para salvar o tecido industrial» de Galicia.

Un momento da manifestación do domingo

Un momento da manifestación do domingo

O comité de empresa xa mantivo nas últimas datas reunións con responsables do Igape e da Consellaría de Pesca, pero pide poder falar directamente cos conselleiros de Industria e Pesca, Francisco Conde e Rosa Quintana, respectivamente.

A representación legal dos traballadores e traballadores da conserveira van facer todo o posible para evitar a liquidación de Thenaisie e insisten en que hai unha solución «real e sólida» para a continuidade da actividade industrial e os centos de postos de traballo asociados, directos e indirectos.

O Grove volveu saír á rúa para evitar o peche da conserveira Thenaisie Provoté

luns 6 de xullo de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade