Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

venres 10 de xullo de 2020

A presión sindical obriga a BorgWarner a retirar o ERE en Vigo

  • Suspéndese a folga indefinida que ía comezar o luns, día 13

A presión sindical obrigou a BorgWarner a retirar polo de agora o ERE previsto para as súas instalacións de Zamáns, en Vigo. Os sindicatos que integran o comité de empresa, entre eles CCOO, ameazaran cunha folga indefinida a partir do 13 de xullo como reacción á pretensión da empresa.

Concentración do comité de empresa diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo

Concentración do comité de empresa diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo

Polo de agora, BorgWarner adía calquera decisión ata a volta do verán. Con todo, desde a Federación de Industria de CCOO seguen a considerar «inaceptable» a intención da empresa, que consistiría en extinguir 103 contratos en Zamáns.

Desde CCOO-Industria lembran que, a día de hoxe, o 40 % do cadro de persoal xa está inmerso nunha regulación temporal de emprego (ERTE) desde o pasado 30 de marzo, que afecta tanto a Zamáns como ao centro tecnolóxico de que dispón no concello de Nigrán.

Desde o comité de empresa coidan que a dirección pretende aproveitar a situación para «deixar caer» a factoría de Zamáns en beneficio da que dispón na vila portuguesa de Viana do Castelo.
 

A presión sindical obriga a BorgWarner a retirar o ERE en Vigo

venres 10 de xullo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade