Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 14 de xullo de 2020

Aprobadas as normas do 12.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia

  • Terá lugar os días 6 e 7 de maio de 2021

O Consello Nacional de CCOO, reunido hoxe, aprobou as normas que regulan o 12.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia, que terá lugar os días 6 e 7 de maio de 2021.

Un momento do Consello Nacional, que se desenvolveu por videoconferencia

Un momento do Consello Nacional, que se desenvolveu por videoconferencia

O proceso congresual comezará a finais do próximo mes de novembro, coas conferencias congresuais (nivel I) das seccións sindicais constituídas que cumpran cos requisitos establecidos nas devanditas normas. Os congresos dos sindicatos provinciais, comarcais ou intercomarcais celebraranse ao longo do mes de febreiro de 2021.

Canto aos congresos das Unións Comarcais ou Intercomarcais, serán do 1 ao 6 e do 15 ao 20 de marzo de 2021, mentres que os das federacións nacionais serán do 8 ao 13 e do 22 ao 27 de marzo do mesmo ano.

Con todo, as federacións nacionais que pola súa estrutura organizativa non teñan que celebrar asembleas congresuais ou congresos de nivel II, poderán tamén desenvolver os seus congresos ou asembleas congresuais no período comprendido entre o 1 e o 27 de febreiro de 2021.

Aprobadas as normas do 12.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia

martes 14 de xullo de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Normas do 12.º Congreso Nacional de CCOO

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - 12.º Congreso - Información sobre o proceso congresual