Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

mércores 15 de xullo de 2020

Non máis mortes no traballo

A COVID-19 está a ocupar grandes espazos nos medios de comunicación, deixando moitas veces nun segundo plano noticias tamén moi relevantes, como é o caso das mortes no traballo. O Ministerio de Traballo e Economía Social acaba de facer público o avance dos datos de sinistralidade ata o mes de maio, e permítenos constatar que neses cinco meses perderon a vida 288 traballadoras e traballadores, vinte deles en Galicia. Esta mesma semana temos que lamentar unha nova vítima mortal, desta vez na Mariña.

Cando coñezamos as cifras de xuño, comprobaremos, por desgraza, que se mantén a tendencia

Cando coñezamos as cifras de xuño, comprobaremos, por desgraza, que se mantén a tendencia

Fonte: ROI FERNÁNDEZ. Secretario de Saúde Laboral de CCOO. De aquí a un mes, cando coñezamos as cifras de xuño, comprobaremos, por desgraza, que se mantén a tendencia. Malia o paro da actividade económica por mor da pandemia, as estatísticas son moi similares ás do ano anterior e intúese un recruamento coincidindo coa desescalada.

A falta de medidas de prevención, as excesivas cargas de traballo ou a escaseza de equipamentos de protección (EPI) son as principais causas por tras destas traxedias. O único xeito de corrixir esta tendencia é fomentando a cultura preventiva desde todos os ámbitos, facer unha revisión da lei de prevención de riscos e establecer un maior control sobre o seu cumprimento. O traballo de calidade é a mellor vacina para impedir as arredor de setecentas mortes anuais por accidente de traballo en todo o Estado.

Non máis mortes no traballo

mércores 15 de xullo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas