Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

mércores 22 de xullo de 2020

O TRIBUNAL SUPREMO CONDENA A MÉDICOS SIN FRONTEIRAS POR ABUSO LABORAL

A sala do social do Alto Tribunal confirma a nulidade por cláusula abusiva do rendemento dos captadores de socios e socias de Médicos sen Fronteiras en Galicia.

Unha vez máis a xustiza da a razón aos traballadores e traballadoras de Médicos sen Fronteiras, confirmando dunha vez por todas a nulidade e por suposto a abusividade da cláusula 7 dos contratos do persoal de captación, unha cláusula que esixía uns obxectivos mínimos en canto a número de socios e o financiamento que era de imposible cumprimento por parte do cadro de persoal.
 
Dende CCOO saudamos esta importante sentenza para a clase traballadora
Dende CCOO saudamos esta importante sentenza e amosamos o mutuo acordo co ditame do Tribunal Supremo, que confirma o abuso que denunciaba o sindicato dende o ano 2016. Queremos resaltar que os dereitos humanos que defende a ONG, deben ser de obrigado cumprimento no tocante aos dereitos laborais e desta forma presentar unha solución legal aos traballadores e non impoñer cláusulas unilaterais, sen alternativa posible.
Esta solución ten que vir do diálogo cos axentes sociais, e sobre todo coas forzas sindicais que levan anos batallando para declarar a nulidade da cláusula de rendemento.
 
Esiximos a readmisións dos e das traballadoras despedidas pola aplicación da cláusula
Tamén CCOO reclama que (a cláusula 7 que aínda se está a aplicar) Médicos sen Fronteiras debe abrir outras vías de solución e non formule máis despedimentos disciplinarios. Logo da nulidade da cláusula confirmada polo Supremo o sindicato esixe a readmisión dos e das traballadoras despedidas baixo dita cláusula, e non ralentice máis os procesos xudiciais nos que estamos inmersos e que asuma dunha vez por todas as consecuencias de levar anos afondados na ilegalidade e non querer negociar cos delegados sindicais.
 
Mocidade e mulleres principais afectadas
A eliminación das cláusulas abusivas favorecerán de maneira salientable a xuventude e as mulleres, xa que como é coñecido por moita xente, este é un sector xuvenil e feminizado totalmente precarizado, non só a cláusula aplicada por Médicos sen Fronteiras, se non que ademais somos coñecedores de que as cláusulas de rendemento son igual ou peores noutras ONGs no conxunto do Estado español. Por outra banda é moi necesario tanto a nivel social como laboral que se dignifique o traballo da captación e que quede claro dunha vez por todas que non somos voluntariado que somos traballadores e traballadoras igual de importantes que o resto de persoal, así como, somos a peza clave para acadar os ingresos das organizacións.
Comisións Obreiras salienta esta sentenza do Tribunal Supremo como unha vitoria histórica para o conxunto dos traballadores e traballadoras da captación. É imprescindible eliminar dita cláusula como di o Tribunal Supremo para mellorar as condicións laborais do conxunto da captación ao longo do país.
O sindicato anima como non pode ser doutra maneira á Asociación Española do Fundraising, en parte responsable das políticas de Fundraising e captación da maioría das ONGs que revise as políticas de contratación das organizacións e asociacións, xa que dende o recorte das axudas públicas que recibían, a maior parte dos ingresos veñen da man da captación e por iso esiximos condicións dignas para as traballadoras e traballadores.
Facemos un chamamento ás persoas que traballan no sector da captación a organizarse, e poñemos o sindicato a súa disposición para facer valer os dereitos da clase traballadora neste sector e así facer cumprir a sentenza do Tribunal Supremo.

O TRIBUNAL SUPREMO CONDENA A MÉDICOS SIN FRONTEIRAS POR ABUSO LABORAL

mércores 22 de xullo de 2020

Documentos relacionados

Nota enviada á prensa

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas