Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 28 de xullo de 2020

CCOO advirte que a metodoloxía da EPA non pode agochar que o COVID-19 ten un impacto catastrófico no emprego e nas condicións de vida de galegos e galegas.

Galicia precisa dun plan urxente de recuperación económica e social

27-7-20.- Comisións Obreiras (CCOO) esixe ao Goberno Autonómico un plan de recuperación económico e social. Segundo a secretaria de Emprego e Previsión social do sindicato, «o emprego de calidade é a mellor protección social» por iso é necesario un plan de país que poña as persoas e o emprego no seu centro para que todos os galegos e galegas poidan vivir con dignidade. Galicia non pode permitirse 38.900 fogares nos que non entra ningún ingreso.

O COVID 19 ten un impacto catastrófico para o emprego en Galicia

O COVID 19 ten un impacto catastrófico para o emprego en Galicia

27-7-20.- Comisións Obreiras (CCOO) esixe ao Goberno Autonómico un plan de recuperación económico e social. Segundo a secretaria de Emprego e Previsión social do sindicato, «o emprego de calidade é a mellor protección social» por iso é necesario un plan de país que poña as persoas e o emprego no seu centro para que todos os galegos e galegas poidan vivir con dignidade. Galicia non pode permitirse 38.900 fogares nos que non entra ningún ingreso.
Os datos da enquisa de poboación activa publicados hoxe seguen a estar claramente influídos  pola pandemia causada polo COVID-19, tanto pola diminución no número de enquisas que se realizan como pola propia definición das variables obxecto de estudo. Desde CCOO esperábamos que esta EPA nos facilitara unha «fotografía da realidade laboral en Galicia» pero non será así, teremos que agardar a outra EPA ou, a curto prazo, aos datos de paro rexistrado e de afiliación á Seguridade Social de cada comezo de mes.
Cómpre recordar que as variables definidas pola EPA  non inclúen as persoas afectadas por regulacións temporais de emprego (ERTE) de suspensión  e que as persoas que perderon o emprego ou cesaron a actividade non aparecen recollidas como desempregadas, xa que non están buscando un emprego nos termos en que o recolle a EPA.
 
Aumento do desemprego
Malia estas distorsións da metodoloxía, os datos reflicten unha perda de 32.500 empregos en Galicia ata situar en 1.050.400 o número de persoas ocupadas. Pérdese emprego en todos os sectores de actividade: en valores absolutos, o sector servizos é o que máis emprego perde con 19.200 empregos menos pero, en termos relativos, é a industria a que ve como nun só trimestre o seu volume de ocupación se reduce nun 9%.
No segundo trimestre do ano, había en Galicia 300.500 persoas que tendo un traballo non estaban a traballar: 120.500 por atoparse nun expediente de regulación temporal de emprego e 89.200 por estar nun de redución de xornada. En consecuencia, as horas efectivas traballadas reducíronse nun 2,6%.
A pesar de que a estatística reflicte unha redución do desemprego de 14.300 persoas, esta diminución non se corresponde coa perda de ocupación senón que é o resultado da metodoloxía da EPA que as considera como persoas inactivas.
Os datos da EPA reflicten os nocivos efectos da reforma laboral e precarización no emprego que fai que agora sexan as persoas con contrato temporal as que están a pagar o axuste no emprego con 31.000 asalariados e asalariadas menos neste trimestre. O sector público creou 3.100 empregos nestes tres meses mentres que o sector privado destruíu 25.200 empregos.
Máis fogares sen ingresos
Segundo a EPA, hai 57.100 fogares con todas as persoas en desemprego e 38.900 fogares sen ingresos. O número de fogares onde non entra ningún ingreso medra en 6.200 respecto do trimestre anterior e en 12.500 desde o segundo trimestre de 2019.
 
 
 
 
+ Para máis información:
Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO: 696 518 784 
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020
 
Gabinete de Comunicación
Horario: luns a venres, 9-14 h e 15-18 h
686 469 993 / 981 551 867 | prensa@galicia.ccoo.es
Máis información en: http://www.ccoo.gal

Galicia precisa dun plan urxente de recuperación económica e social

martes 28 de xullo de 2020

Documentos relacionados

Nota sobre datos EPA correspondentes ao segundo trimestre de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas