Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

luns 31 de agosto de 2020

Os sindicatos denuncian a Medio Rural por realizar «descontos ilegais» nas nóminas do persoal técnico do SPIF, en folga desde o 1 de agosto

Os sindicatos CCOO, CIG, CSIF e UGT decidiron denunciar xudicialmente a Consellaría do Medio Rural por realizar «descontos ilegais» nas nóminas do persoal técnico do servizo de prevención de incendios (SPIF), en folga indefinida desde o pasado 1 de agosto.

Os sindicatos coidan que esta práctica é a resposta da Consellaría ao «éxito» da folga e que con ela pretende «amedrentar e desmobilizar» o persoal.
 
Segundo os sindicatos, malia ao «estrito cumprimento» dos servizos mínimos fixados, «que dan fe da máxima responsabilidade e compromiso do colectivo co servizo público», Medio Rural fixo descontos na nómina que corresponden aos días de traballo en servizos mínimos.
 
Os sindicatos acudirán á Xustiza para denunciar esta «vulneración grave de dereitos fundamentais», ao tempo que esixen a fin desta actuación e a devolución das cantidades detraídas.

Os sindicatos denuncian a Medio Rural por realizar «descontos ilegais» nas nóminas do persoal técnico do SPIF, en folga desde o 1 de agosto

luns 31 de agosto de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros