Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

mércores 2 de setembro de 2020

CCOO pide a paralización da licitación do servizo de axuda a domicilio de Santiago de Compostela

  • O sindicato alerta de que o orzamento da licitación non está adaptado ao contexto da COVID-19, o que representa un risco para a saúde das persoas traballadoras e usuarias

A Federación de Construción e Servizos de CCOO impugnou os pregos de licitación do servizo de axuda a domicilio (SAD) de Santiago de Compostela. Segundo o sindicato, o orzamento ten un desfasamento de case 200 000 euros anuais, contía que representa ao pé do 7 % do total, debido a varios erros de cómputo. Con todo, o máis grave é que a partida destinada a afrontar o contexto da COVID-19 supón só o 0,1 % do total, «o que representa un risco para a saúde das persoas usuarias e traballadoras».

O orzamento só destina o 0,1% do total a afrontar o contexto da COVID-19

O orzamento só destina o 0,1% do total a afrontar o contexto da COVID-19

No que se refire aos erros de cómputo denunciados polo sindicato, parte deles débense aos custos salariais. O orzamento de licitación fíxose tomando como base as táboas económicas que o convenio do sector recolle para o ano pasado, sen ter en conta que para este 2020 se incrementan un 0,8 %.

A outra parte do erro está no crédito horario sindical. A nova licitación aglutina os servizos e cadros de persoal que actualmente corresponden a dúas empresas, Servisar e Eulen. Porén, o orzamento só realiza os cálculos correspondentes a un único comité —de cinco membros—, cando a representación legal das dúas empresas suma dez.

«Ridícula» partida para o contexto COVID-19

Con todo, o que máis indigna o sindicato é a «ridícula» partida orzamentaria destinada ao material necesario para afrontar con plenas garantías o contexto de COVID-19: 5482 euros anuais (0,1 % do total) para a dotación de luvas, material hixiénico, máscaras e outros.

Segundo os cálculos do sindicato, baseados na última normativa publicada sobre o uso das máscaras —resolución da Xunta de Galicia do 17 de xullo—, e partindo de que cómpre manter un stock para o caso de posibles rebrotes, a partida económica non debería ser inferior ao 5 % do orzamento anual.

Aplicar a Lei de contratos do sector público

Por esta razón, CCOO pide que se aplique o disposto no artigo 100.2 da Lei de contratos do sector público, segundo o cal os órganos de contratación deben garantir que o orzamento da licitación estea conforme cos prezos de mercado e cos custos salariais recollidos no convenio de referencia.

Finalmente, CCOO lamenta que a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, fixera caso omiso ás reiteradas peticións de xuntanza solicitadas por CCOO —ata cinco desde o pasado 2 de decembro—, tanto para falar dos pregos do servizo como do contexto da COVID-19.

CCOO pide a paralización da licitación do servizo de axuda a domicilio de Santiago de Compostela

mércores 2 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade
Información - Coronavirus - Noticias sindicais

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros