Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

xoves 3 de setembro de 2020

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO alerta sobre a situación das residencias de maiores

  • A pandemia puxo de manifesto as «graves deficiencias» do actual sistema de atención á dependencia, especialmente no caso das residencias

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) alerta sobre a situación das residencias de maiores. Segundo o seu secretario xeral, Carlos Mella, a COVID-19 puxo de manifesto as «graves deficiencias» do actual sistema de atención á dependencia, de xeito especial nestes centros, que concentran sete de cada dez mortes polo novo coronavirus.

Residencia de maiores do Incio, onde hai un gromo activo desde agosto | Foto: Google Street View

Residencia de maiores do Incio, onde hai un gromo activo desde agosto | Foto: Google Street View

A segunda vaga da pandemia «era esperada, pero quizais chega antes do previsto», situación que «está collendo por sorpresa» as diferentes Administracións. CCOO demanda medidas de prevención e protocolos claros de actuación para as persoas usuarias e as que interactúan con elas, ao tempo que bota en falta un sistema de coordinación sociosanitaria.

Ante a aparición de novos gromos nas residencias, «estase a caer nos mesmos erros que na primeira vaga da pandemia», apunta o secretario xeral da FPX-CCOO. «As residencias son lugares de convivencia, relación e participación das persoas dependentes, que reciben o soporte e axuda do persoal traballador para suplementar esas deficiencias, estimular a súa autonomía e permitirlles ter unha vida digna», salienta Mella.

Unidades de coordinación sociosanitaria

CCOO reivindica a creación de unidades de coordinación sociosanitaria, formadas por persoas responsables de atención primaria, especializada e hospitalaria do Sergas e da Consellaría de Política Social. Na mesma liña, pide establecer procedementos de interlocución entre as empresas que xestionan as residencias e as ditas unidades de coordinación.

A FPX-CCOO tamén esixe o «estrito cumprimento» dos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias por parte das persoas traballadoras, das persoas usuarias e das súas familias.

Erradicación dos malos tratos

Á marxe dos problemas graves relacionados coa COVID-19, a FPX-CCOO denuncia que se seguen a rexistrar casos de malos tratos, soidade e abandono nalgunhas residencias. Neste sentido, o sindicato pide mecanismos como un plan de prevención e erradicación dos malos tratos ás persoas maiores, tendo en conta o enfoque de xénero, así como as situacións de discapacidade ou dependencia.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO alerta sobre a situación das residencias de maiores

xoves 3 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Sociopolítica - Política social - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade
Información - Coronavirus - Noticias sindicais

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros