Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

martes 8 de setembro de 2020

O Tribunal de Contratación acepta as medidas cautelares de CCOO e suspende a licitación do SAD de Santiago

  • O sindicato alertou de que o orzamento da licitación non está adaptado ao contexto da COVID-19, o que representa un risco para a saúde das persoas traballadoras e usuarias

A Federación de Construción e Servizos de CCOO congratúlase da decisión adoptada polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia. O organismo acepta as medidas cautelares solicitadas por este sindicato e suspende a licitación do servizo de axuda a domicilio (SAD) de Santiago de Compostela. Contra esta decisión non cabe recurso ningún, xa que é firme.

O orzamento só prevé un 0,1% de gasto para material de protección e hixiene

O orzamento só prevé un 0,1% de gasto para material de protección e hixiene

Hai unha semana, Comisións alertou de que o orzamento da licitación non estaba adaptado ao contexto da COVID-19, o que representaba un risco para a saúde das persoas traballadoras e usuarias. Segundo o sindicato, o orzamento ten un desfasamento de case 200 000 euros anuais, contía que representa ao pé do 7 % do total, debido a varios erros de cómputo no capítulo de persoal e salarios.

«Ridícula» partida para o contexto COVID-19

Con todo, o máis grave é que a partida destinada a afrontar o contexto da COVID-19 supón só un «ridículo» 0,1 % do total, isto é, 5482 euros anuais para a dotación de luvas, material hixiénico, máscaras e outros. Segundo os cálculos do sindicato, baseados na última normativa publicada sobre o uso das máscaras, e partindo de que cómpre manter un stock para o caso de posibles rebrotes, a partida económica non debería ser inferior ao 5 % do orzamento anual.

O Tribunal de Contratación acepta as medidas cautelares de CCOO e suspende a licitación do SAD de Santiago

martes 8 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros